domingo, 24 de mayo de 2015
ASÍ FOI A NOSA VISITA ÁS CÍES
ENCONTRO DEPORTIVO CO COLEXIO ESCULTOR ACUÑA
Os nosos rapaces e rapazas da actividade extraescolar de Baloncesto (martes e xoves de 15:15 a 16:15), que imparte o C.B Nigrán estiveron o pasado mércores no colexio público Escultor Acuña, onde disputaron varios partidos e disfrutaron dunha xornada de convivencia.
lunes, 18 de mayo de 2015
MODIFICACIÓN HORARIO DE SAÍDA VIAXE ILLAS CÍES
Por causas
alleas á nosa vontade, a hora de saída dende o peirao de Panxón será ás 9:30 horas(hai
que estar ás 9:00 para o embarque) e non ás 10, como
inicialmente estaba previsto.
Lembrarvos que imos visitar un parque nacional, polo que
haberá que ter en conta:
Ø
Está prohibido prender lume.
Ø
Non tires lixo, leva contigo una bolsa para lixo
e depositala logo nos lugares habilitados.
Ø
Non se poden levar animais.
Ø
Se fumas, apaga ben a cabicha e non a deixes no
chan.
Ø
Está prohibido levar conchas ou flora da illa,
para non altera-lo ecosistema.
E por outro lado lembrade levar una crema solar con
protección alta, bañador (e unha muda seca, que sabedes que a auga está bastante fría), calzado cómodo se pensades camiñar, viseira, gafas de sol e unha
chaquetiña para a ida e volta se pensades ir na parte ó aire libre do catamarán.
As previsións para o sábado, a dia de hoxe, son de tempo soleado con temperaturas que oscilarán entre os 12º da mañá e os 24º da tarde, cunha humidade do 51% e unha velocidade do vento de 26 km/hora.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)