lunes, 12 de septiembre de 2022

BENVIDA CURSO 2022/2023 - ALTA SOCIOS/AS

Estimadas familias:

Un ano mais, dende a Xunta Directiva da ANPA do Ceip da Cruz, queremos dar a benvida a todas as familias do centro, especialmente as novas incorporacións, e animámosvos a colaborar coa asociación.

Como sabedes o obxectivo da ANPA é participar activamente na educación dos nosos/as fillos/as, representando ás familias no conselllo escolar, colaborando nos eventos que se realizan na escola: actividades extraescolares, magosto, festa de Nadal, excursións, festa de fin de curso, charlas, obradoiros, etc.

Podedes facervos socios/as  da ANPA cubrindo a ficha de alta: pulsade AQUÍ, e abonando unha cota anual de 12,00 € por familia, na conta: 

ABANCA -  ES61 2080 5052 1230 4001 4748

Cando fagades o ingreso indicade no Concepto: Nome e apelidos do/a alumno/a. No caso de varios irmáns é suficiente con poñer un deles. 

Se algúen precisa a ficha en papel, pode solicitalas a través do noso correo: anpaceipdacruz@gmail.com, onde tamén atenderemos as dúbidas, suxerencias, etc., que teñades ao longo do curso.

Lembrade que para poder participar nas actividades extraescolares é esencial ser socio da ANPA. 

Agardamos contar coa vosa colaboración!

 



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/2023

Ola familias, a continuación informamos sobre as actividades extraescolares para o presente curso 2022/2023.

O programa é provisional, xa que depende de que se matriculen o mínimo de alumnos/as requerido para cada actividade.

 

Prazo de inscrición: Do 13 ao 23 de Setembro de 2022. 

Para inscribirse, pulsade AQUÍ 

  • Este ano a matriculación realizarase de xeito telemático. É importante que revisedes os datos antes de enviar o formulario, especialmente o correo electrónico, no que recibiredes unha copia coas vosas respostas. Se alguén precisa a ficha en papel que a solicite ao correo da ANPA: anpaceipdacruz@gmail.com
  • As actividades comezarán o 3 de Outubro.
  • Unha vez que den comezo admitiranse novas inscricións naquelas que formasen grupo en setembro, e sempre que haxa prazas dispoñibles.
  • No caso de ter que darse de baixa antes de que remate o curso (é importante que se manteña o grupo mínimo), haberá que comunicalo ao noso correo electrónico.
  • Lembrade que para poder participar nas extraescolares é necesario estar ao día no pago da cota de socio da ANPA. Tedes a ligazón para cubrir a ficha de socio na entrada de BENVIDA CURSO 2022/2023. 
 

Baile ~ Patinaxe ~ Bright Minds ~ Robotix ~ Pintura/Debuxo

Serán impartidas por Exodega, igual que o curso pasado. Como novidade, e en base as vosas propostas incluimos tamén Pintura/Debuxo. 

Para todas se precisa un grupo mínimo de 8 alumnos/as 

Importante: Para os que vos matriculedes en calquera destas actividades, posteriormente deberedes rexistrarvos na plataforma TokApp Activities (enviaremos o enlace) para facilitar os vosos datos a Exodega, e facer efectiva a matrícula. Dende TokApp tamén se efectuarán os pagos.

Baile

O baile ten un papel fundamental no desenvolvemento da expresión e creatividade dos nosos alumnos e alumnas favorecendo o oído musical e desenvolvendo da linguaxe corporal.

  • Para: Infantil e Primaria
  • Imparte: Exodega
  • Día: Luns, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 17 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta

Patinaxe 

A patinaxe é un deporte moi completo e importante no desenvolvemento do equilibrio e da coordinación. Ademais favorece o oído musical e a expresión corporal.

  • Para: Infantil e Primaria
  • Imparte: Exodega
  • Día: Mercores, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 17 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta
  • Non se recomendan os patíns en liña

Pintura - Debuxo

Esta actividade ofrece a todo o alumnado a oportunidade de fomentar as capacidades de observación visual e creatividade.

  • Para: Infantil e Primaria
  • Imparte: Exodega
  • Día: Xoves, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 20 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta
  • Material: O alumnado terá a súa disposición o material necesario para a actividade

Bright Minds

Esta é a nova actividade de estimulación en desenvolvemento infantil que fomenta o gusto por aprender intuitivamente xogando tanto mental como físicamente, estimulando simultaneamente múltiples intelixencias para desenvolver todo o potencial do nen@. Actividade parcialmente en inglés, conta con material Lego Education® e emprégase a psicomotricidade e a intelixencia emocional. Multimedia*

  • Para: Infantil
  • Imparte: Exodega
  • Día: Venres, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 20 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta

Robotix

Nesta actividade foméntase da forma máis divertida o uso da ciencia e a tecnoloxía. Tamén experimentan coa forza e o movemento, o equilibrio e a estabilidade mediante os recursos de LEGO® Education®, potenciando desta maneira a creatividade, innovación, emprendemento e a eficiencia. Multimedia*

  • Para: Primaria
  • Imparte: Exodega
  • Día: Venres, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 26 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta