lunes, 12 de septiembre de 2022

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/2023

Ola familias, a continuación informamos sobre as actividades extraescolares para o presente curso 2022/2023.

O programa é provisional, xa que depende de que se matriculen o mínimo de alumnos/as requerido para cada actividade.

 

Prazo de inscrición: Do 13 ao 23 de Setembro de 2022. 

Para inscribirse, pulsade AQUÍ 

  • Este ano a matriculación realizarase de xeito telemático. É importante que revisedes os datos antes de enviar o formulario, especialmente o correo electrónico, no que recibiredes unha copia coas vosas respostas. Se alguén precisa a ficha en papel que a solicite ao correo da ANPA: anpaceipdacruz@gmail.com
  • As actividades comezarán o 3 de Outubro.
  • Unha vez que den comezo admitiranse novas inscricións naquelas que formasen grupo en setembro, e sempre que haxa prazas dispoñibles.
  • No caso de ter que darse de baixa antes de que remate o curso (é importante que se manteña o grupo mínimo), haberá que comunicalo ao noso correo electrónico.
  • Lembrade que para poder participar nas extraescolares é necesario estar ao día no pago da cota de socio da ANPA. Tedes a ligazón para cubrir a ficha de socio na entrada de BENVIDA CURSO 2022/2023. 
 

Baile ~ Patinaxe ~ Bright Minds ~ Robotix ~ Pintura/Debuxo

Serán impartidas por Exodega, igual que o curso pasado. Como novidade, e en base as vosas propostas incluimos tamén Pintura/Debuxo. 

Para todas se precisa un grupo mínimo de 8 alumnos/as 

Importante: Para os que vos matriculedes en calquera destas actividades, posteriormente deberedes rexistrarvos na plataforma TokApp Activities (enviaremos o enlace) para facilitar os vosos datos a Exodega, e facer efectiva a matrícula. Dende TokApp tamén se efectuarán os pagos.

Baile

O baile ten un papel fundamental no desenvolvemento da expresión e creatividade dos nosos alumnos e alumnas favorecendo o oído musical e desenvolvendo da linguaxe corporal.

  • Para: Infantil e Primaria
  • Imparte: Exodega
  • Día: Luns, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 17 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta

Patinaxe 

A patinaxe é un deporte moi completo e importante no desenvolvemento do equilibrio e da coordinación. Ademais favorece o oído musical e a expresión corporal.

  • Para: Infantil e Primaria
  • Imparte: Exodega
  • Día: Mercores, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 17 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta
  • Non se recomendan os patíns en liña

Pintura - Debuxo

Esta actividade ofrece a todo o alumnado a oportunidade de fomentar as capacidades de observación visual e creatividade.

  • Para: Infantil e Primaria
  • Imparte: Exodega
  • Día: Xoves, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 20 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta
  • Material: O alumnado terá a súa disposición o material necesario para a actividade

Bright Minds

Esta é a nova actividade de estimulación en desenvolvemento infantil que fomenta o gusto por aprender intuitivamente xogando tanto mental como físicamente, estimulando simultaneamente múltiples intelixencias para desenvolver todo o potencial do nen@. Actividade parcialmente en inglés, conta con material Lego Education® e emprégase a psicomotricidade e a intelixencia emocional. Multimedia*

  • Para: Infantil
  • Imparte: Exodega
  • Día: Venres, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 20 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta

Robotix

Nesta actividade foméntase da forma máis divertida o uso da ciencia e a tecnoloxía. Tamén experimentan coa forza e o movemento, o equilibrio e a estabilidade mediante os recursos de LEGO® Education®, potenciando desta maneira a creatividade, innovación, emprendemento e a eficiencia. Multimedia*

  • Para: Primaria
  • Imparte: Exodega
  • Día: Venres, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 26 €/mes
  • Modo de pago: A través da plataforma TokApp, mediante bizum ou tarxeta

Comic e Ilustración  ~  Piscina

Para calquera destas dúas actividades só é necesaria a inscrición a través do formulario do ANPA.

Comic e Ilustración

Ésta e outra das novidades deste ano! O curso abarcará desde o deseño de personaxes e fondos ata a elaboración de cómics. A finalidade é que o/a alumn@ aprenda a desenvolver a súa creatividade e a mellorar o seu debuxo, así como a simetría e proporcións, mediante a creación dos seus propios mundos en páxinas de cómic, ilustracións, contos, etc. As clases constarán dunha parte teórica, na que se propoñerán novos coñecementos e exercicios; e outra parte práctica, na que se fará un seguimento da evolución das habilidades de cada alumn@, corrixindo os seus debuxos en base ao nivel que este posúa e vaia desenvolvendo.

  • Para: Alumnos/as dende 3º de Primaria ata 6º de Primaria 
  • Imparte: Coral Martínez (Lda. en Belas artes, ilustradora e entintadora profesional de cómics)
  • Día: Mércores, 15:30 - 16:30
  • Prezo: 18,00 €/mes
  • Modo de Pago: Transferencia bancaria á monitora
  • Material que achegará o alumno: Un caderno con páxinas en branco, lapis normal HB, goma, afilalápiz e lapices de cores.
  • Grupo: mínimo 5 alumnos/as ~ máximo: 12 alumnos/as

Piscina 

Como ven sendo habitual tamén se oferta a actividade de Piscina que se desenvolve na Piscina Mancomunada do Val Miñor (Ramallosa). 

  • Para: Primaria 
  • Día: Mércores,  16:30 - 17 :15
  • Prezo: 45,08 €/cuadrimestre
  • Modo de Pago: Transferencia á conta da ANPA. 2 pagos cuadrimestrais: en Outubro e Febreiro.