martes, 15 de septiembre de 2015

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


  • o   Obradoiro de lingua inglesa (Xoves e Venres 15:00h-16:00h) (27 €/mes).

Desconto do 14% para desempregados e irmáns.
Grupo mínimo de 10.
  • o   Baloncesto (Martes e Xoves – 15:15h-16:15h) (9 €/mes).

  • o   Baile Moderno (grupo mínimo de 10*).
  • o   Axedrez (grupo mínimo de 10*).
  • o   Plástica e manualidades (grupo mínimo de 10*).


*Dependendo dos grupos que se consigan formar, dependerán os prezos e os horarios que se conseguirán cadrar..


  • FORMA DE COBRO 1: CUATRIMESTRAL (en efectivo ós membros da ANPA).
  • FORMA DE COBRO 2: MENSUAL (mediante domiciliación bancaria pola empresa impartidora do curso).


DATA LÍMITE PARA ADMISIÓN DE SOLICITUDES: 19 DE SETEMBRO DE 2015.


ACTIVIDADE ESCOLAR DE NATACIÓN

FICHA INSCRIPCIÓN NATACIÓN CURSO 2015/2016
NOME ALUMN@:___________________________________________________________________
CURSO:___________________       DÍA PREFERENTE:______________      CUOTA CUATRIMESTRAL: 43,00 €         
A  INGRESAR ANTES DO 25 de SETEMBRO DE 2015 NA CONTA DE ABANCA: ES61 2080 5052 1230 4001 4748.
A RESERVA DE PLAZA SÓ SERÁ EFECTIVA UNHA VEZ FEITO O INGRESO DA CUOTA.
A ANPA POSTERIORMENTE PROPORCIONARÁ A FICHA DEFINITIVA DE INSCRIPCIÓN EXISIDA POR SERVIOCIO.
DATA:_________________________               ASINADO:



CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Pola presente convócase ás familias á primeira asemblea xeral ordinaria do curso 2015/2016, que terá lugar no colexio o vindeiro  Xoves día 24 de setembro ás 17:30 horas co seguinte orde do día:
- Balance curso anterior e estado da afiliación á ANPA.
- Natación e restantes actividades extraescolares.
- Chándal do colexio.
- Rogos e preguntas.


Camos, a 15 de setembro  de 2015
                                                        A DIRECTIVA

jueves, 10 de septiembre de 2015

PRIMEIRO TORNEO INTERNACIONAL CLUB BALONCESTO NIGRÁN


Máis información do torneo:http://baloncestonigran.blogspot.com.es/2015/09/i-torneo-internacional.html

Mostrando IMG-20150911-WA0003.jpg

Mostrando IMG-20150911-WA0002.jpg
Asistiremos con dous equipos ós enfrontamentos entre as escolas deportivas...

COMEZO DO CURSO 2015-2016

         



QUÉ É A ANPA?

As siglas ANPA corresponden a “Asociación de Nais e Pais de Alumnos”, entidade sen ánimo de lucro que agrupa ás nais e pais da escola.
Interlocutora para tratar temas que afectan a todo o colectivo das familias, a ANPA transmite as opinión e as reflexións das nais e pais sobre temas educativos e de funcionamento do día a día da escola.
Participa na toma de decisións na escola cun representante no Consello Escolar do centro. Informa ós asociados, organiza proxectos de desenvolvemento educativo e das festas de fin de curso.
O seu obxectivo fundamental é o de contribuir á mellora do ensino que reciben as nenas e nenos . O funcionamento básase no diálogo e na colaboración cos diversos sectores da comunidade educativa.

AVANTAXES DE PERTENCER Á ANPA
Estar ó corrente do que pasa na escola, saber a quen preguntar una dúbida, poder compartir unha preocupación ou ter establecidas unhas vías de comunicación, ademáis de ter axuda económica nas actividades extraescolares e excursións, son algunhas das avantaxes de ser socio da ANPA.
INSCRIPCIÓN DE SOCI@ DA ANPA
A condición de soci@ da ANPA acadarase mediante o ingreso da cuota estipulada na conta da ANPA: ES61 2080 5052 1230 4001 4748.
No ingreso deberá facerse constar claramente o nome d@ alumn@ e o seu curso (ou achegarnos xustificante do ingreso o máis axiña posible).
·        Cuota curso 2015-2016: 12 € por unidade familiar.
·        Plazo de inscripción: ata o 31 de outubro (a partires desta data a cuota será de 24 €, salvo unha posteior nova incorporación ó colexio).


Camos, 10 de setembro de 2015