QUÉ É A ANPA?
As siglas ANPA
corresponden a “Asociación de Nais
e Pais de Alumnos”, entidade sen ánimo de lucro que agrupa ás nais e pais da
escola.
Interlocutora para
tratar temas que afectan a todo o colectivo das familias, a ANPA transmite as
opinión e as reflexións das nais e pais sobre temas educativos e de
funcionamento do día a día da escola.
Participa na toma de decisións
na escola cun representante no Consello Escolar do centro. Informa ós
asociados, organiza proxectos de desenvolvemento educativo e das festas de fin
de curso.
O seu obxectivo
fundamental é o de contribuir á mellora do ensino que reciben as nenas e nenos
. O funcionamento básase no diálogo e na colaboración cos diversos sectores da
comunidade educativa.
AVANTAXES DE PERTENCER Á ANPA
Estar ó corrente do
que pasa na escola, saber a quen preguntar una dúbida, poder compartir unha
preocupación ou ter establecidas unhas vías de comunicación, ademáis de ter
axuda económica nas actividades extraescolares e excursións, son algunhas das
avantaxes de ser socio da ANPA.
INSCRIPCIÓN DE SOCI@ DA ANPA
A condición de soci@ da ANPA
acadarase mediante o ingreso da cuota estipulada na conta da ANPA: ES61 2080 5052 1230 4001
4748.
No ingreso deberá facerse constar claramente o nome d@ alumn@ e o seu curso (ou achegarnos xustificante do ingreso o máis axiña posible).
·
Cuota curso 2015-2016:
12 € por
unidade familiar.
·
Plazo de inscripción: ata o 31 de outubro (a partires desta data a cuota será de 24 €, salvo unha
posteior nova incorporación ó colexio).
Camos,
10 de setembro de 2015