miércoles, 16 de marzo de 2016

DÍA DA ÁRBORE

Co motivo da conmemoración do día da árbore, a Comunidade de Montes en Man Común de Camos convídanos a participar nunha xornada de exaltación do noso monte coa plantación dunhas oliveiras(Olea europaea).
O acontecemento tera lugar o día 2 de Abril ás 17:00 horas na explanada debaixo do cemiterio novo.
Cada nen@ plantará a súa propia árbore, polo que será necesario que veñan provist@s dunha pequena pa ou paleta (os buratos xa estarán feitos, polo que só haberá que aterrar a oliveira).
A Comunidade de Montes agasallará a cada nen@ con dous libros e un diploma co seu nome, acreditativo da súa participación.
Ó remate da plantación, repartiráselle a cada nen@ un bocadillo, unha peza de froita e unha botella de auga para repoñer forzas.
Por motivos de previsión necesitamos saber o número de nen@s que asistirán a esta xornada, polo que pregamos recorten a ficha abaixo indicada e a devolvan correctamente cumprimentada o maís axiña posible ó colexio.
Data limite: 31 de marzo de 2016.
Agardamos a vosa participación.

En Camos, a 16 de marzo de 2016