lunes, 26 de septiembre de 2016

CIRCULAR INICIO CURSO

15 de setembro 2016.



¡¡ XA ESTAMOS DE VOLTA !!

Curso 2016-17

Estimadas familias:
Pasadas as vacacións e comezado o novo curso 2016-17, dende a xunta Directiva da ANPA CEIP DA CRUZ queremos dar a benvida a todas as familias do colexio é informarvos de que recentemente renovouse a xunta directiva e comezamos cheos de ilusión e ganas esta nova etapa.

Comezamos coa idea de participar activamente co centro na educación dos nosos fill@s, propoñendo e realizando actividades, obradoiros e charlas para os nenos e as súas familias, ademais de colaborar nos eventos que vense realizando na Escola como son o Magosto, a Festa de Nadal, Excursións ou a Festa de fin de curso….
(Ó longo do curso enviaremos cos nenos a información das actividades que vaiamos organizando. )

Se queredes colaborar co ANPA, axudar na toma de decisións para a comunidade educativa ou simplemente obter mellores prezos nas actividades e extraescolares, podedes facervos soci@s abonando só unha cota de 12€ por familia mediante un ingreso ou transferencia con esa cantidade a conta do ANPA :


ABANCA - Nº de Conta: ES61 2080 5052 1230 4001 4748
Indicando NOME E APELIDOS do nen@, ademais do CURSO o que asiste.

(Todo o diñeiro das cotas de soci@s destinarase integramente a colaborar coa escola.)


O próximo 23 de Setembro ás 17:30h esperamos vervos a todos na asemblea/reunión convocada para ás familias:
· Breve presentación da nova xunta directiva,
· Propostas para as extraescolares organizadas dende o ANPA
Baloncesto, Inglés (varias opcións), Piscina, Robótica, Zumba, Teatro, Cocina, Danza...
Antes da reunión enviaremos nova circular ampliando esta información.
· Novo chandal.
· Entrega das camisetas non recollidas ao finalizar o curso pasado.


Estamos á vosa disposición para calquera idea, suxestión, dúbida, queixa, proposta, ou cuestión que consideredes de interese os luns de 9 a 11 da mañá no centro ou a través do noso correo electrónico: anpaceipdacruz@gmail.com ou no noso Blog: anpaceipdacruz.blogspot.com






XUNTA DIRECTIVA ANPA CEIP DA CRUZ CAMOS, Rúa as Baleazas 5. Telefono: 986 110 386 - 651 763 014.