2021/08/29
XA ESTAMOS DE VOLTA !!
Curso 2021-22
Estimadas familias:
Pasadas as vacacións e comezado o novo curso 2021-22, dende a xunta Directiva da ANPA CEIP DA CRUZ queremos dar a benvida a todas as familias do colexio é informarvos de que recentemente renovouse a xunta directiva e comezamos cheos de ilusión e ganas esta nova etapa.
Comezamos coa idea de participar activamente co centro na educación d@s nos@s fill@s, colaborando nos eventos que vense realizando na Escola como son a Organización das actividades extraescolares, o Magosto, a Festa de Nadal, Excursións ou a Festa de fin de curso, Charlas, Obradoiros….
Se queredes colaborar co ANPA e axudar na toma de decisións para a comunidade educativa, podedes facervos soci@s abonando só unha cota de 12€ por familia mediante un ingreso ou transferencia con esa cantidade a conta do ANPA :
ABANCA - Nº de Conta: ES61 2080 5052 1230 4001 4748
Indicando: NOME E APELIDOS d@ nen@
Tódol-los cartos das cuotas de soci@s destinaranse integramente a actividades orientadas @s nen@s.
XUNTA DIRECTIVA ANPA CEIP DA CRUZ CAMOS, Rúa as Baleazas 5.
Setembro 2021