Bo día, familias! Como sabedes este ano as extraescolares volven ao centro.
Aquí podes atopar información sobre as actividades que propoñemos este ano, que serán impartida pola empresa EXODEGA.
MULTIDEPORTE:
A idea á optimizar a condición motora e perceptiva dos alumnos e alumnas; mentras se desempeñan a través do exercicio, a capacidade de enerxía que manexa o seu corpo e a súa condición física, a cal lles permite desarrollarse. Iniciaranse na práctica de varios deportes, incluído o skate. A actividade inclúe os materiais deportivos para levala a cabo.
Os deportes de equipo, o patinaxe ou os deportes de raqueta, cada un na súa clase, son fundamentais para o desarrollo deportivo de calquera persoa. Desarrollan moitas habilidades para unha boa práctica deportiva posterior e fomentan un espíritu competitivo san para o desarrollo emocional dos nosos alumnos e alumnas.
PATINAXE:
Para esta actividade deportiva o alumnado deberá traer os seus patíns.
BALONCESTO:
Un curso máis, esta actividade estará impartida por Nuria Gómez, presidenta e entrenadora do
Club Baloncesto Nigrán
ROBOTICS:
Esta é a mellor actividade para empezar no mundo da Robótica. Experimentan con LEGO® Education® e desarrollarán a creatividade e a innovación cos seus primeiros deseños de robotizados.
Podes atopar máis información no seguinte enlace: Robotics
BRIGHT MINDS:
Actividade de estimulación e desarrollo infantil para aprender de forma sinxela, xogando mental e manualmente. Desarrolla a intelixencia emocional e a psicomotricidade. Actividade parcialmente en inglés, con material de LEGO ® Education®.
Podes atopar máis información no seguinte enlace: Bright Minds
INGLÉS:
Co obxectivo de mellorar a práctica do inglés, tanto oral como escrito, poñemos a disposición profesorado especializado. Coa posibilidade de preparar o prestixioso examen YLE- Cambridge Young Learners /KET/PET. Multimedia*
AULA MADRUGA:
Co ánimo de facilitar a conciliación laboral e familiar, ponse a disposición do centro un servizo de madrugadores, con profesorado especializado.
Xa sabedes, familias, se vos queredes anotar só tedes que facervos socios da ANPA e entregar no centro a ficha de preincripción das actividades. Contamos con todos e todas vós!